17/9/09

este domingo, 20 de setembro, às 19hrs... a Caranza!

O centro cívico de Caranza volverá acoller, a partir deste mesmo domingo, unha nova edición, a décima, do ciclo Domingos a Escena, que reunirá a quince grupos de teatro afeccionado de toda Galicia. Os participantes, nesta ocasión, serán Carrachanacacha, de Narón; Teatro do Improvisto, de Boiro; Fás que Fás, de Cambre; Vichelocrego, de Vigo; Ullán Teatro, de Vedra; Malandrainas Teatro, de Arteixo; Sal-Monela, da Coruña; Cadelexas, de Noia; Cía. Municipal de Teatro, de Sada; Teatro O Bordelo, de Cervo; Tiruleque Teatro, do Carballiño; A Mámoa Teatro, de Teo; Teatro Aurín, de Moaña; GdeT, de Antas de Ulla, e o Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.
Do mesmo xeito que na pasada tempada, este ciclo, impulsado polo departamento municipal de Cultura de Ferrol, inclúe a convocatoria dun Premio do Público, a aquela obra máis valorada polos espectadores. Está dotado con 1.500 euros.