28/8/09

estamos selecionadoooOOOOSSS

III MOSTRA DE TEATRO AMADOR
“TERRAS DO ORCELLÓN”

A Comedia dos Domingos


Reunido no día de hoxe o Xurado Cualificador da III Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, unha vez examinadas as solicitudes, así como a documentación achegada polos distintos grupos de teatro afeccionado, estima que as obras teatrais que conformarán esta edición de 2009, deben ser as seguintes:

A vingaza da Petra, de Carlos Arniches. Grupo de Teatro “A Lameira” da S. C. D. Atlántida de Matamá. (Vigo, Pontevedra)

Comendo Pementos de Padrón con Tarantino de Leandro Lamas Hermida. Grupo de Teatro “Carrachanacacha” da A. T. O aturuxo de Melpómene. (Narón, A Coruña)

Aquí cheira a morto de Alfonso Paso. “Teatro de Cámara Ditea”. (Santiago de Compostela, A Coruña)

A insólita historia de Jimmy Pelostristes de Teatro Avento. “Teatro Avento”. (Vigo, Pontevedra)

O Xurado Cualificador quere deixar constancia da dificultade de facer unha escolma entre o material examinado, dada a calidade das obras presentadas, sendo unha mágoa ter que rexeitar algunhas por ter que se cinguir a un determinado número de actuacións, polo que exhorta á organización desta mostra para que, nas futuras edicións, estudie a posibilidade de ampliar o número de grupos teatrais participantes.

Así mesmo, este xurado felicita a tódolos grupos solicitantes pola calidade dos traballos presentados.

O Carballiño, a 18 de Agosto de 2009.

18/8/09

vamos a Cee!



26 de agosto, 21.30hrs.