24/11/09

vamos a Redondela


TEAFECCIONA-09, V Mostra de Teatro Afeccionado
20:00 h. Lugar: Auditorio do Multiusos da Xunqueira. Entrada: 1€
Sábado, 28 novembro

http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=389

17/11/09

estamos seleccionadoaoaoaoaoaoas!!!



5/12/09 Teatro Principal, Santiago de Compostela, 21.00hrs.

6/10/09

Terceira Mostra Amador Terras do Orcellón


O vindeiro domingo iniciarase no Carballiño a terceira edición da Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón, organizada pola compañía de teatro afeccionado Tiruleque e co patrocinio da Dirección Xeral de Promoción e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta e da Concellería de Cultura do Carballiño, baixo o título «A comedia dous domingos».
As obras escenificaranse todos os domingos desde o 11 de outubro ao 22 de novembro, que será clausurado polos anfitrións, Tiruleque, que pondra en escena óbraa «Club Pk2», unha comedia de crimes e sexo, a partir das 19.00 horas no auditorio municipal da vila.
Na mostra participarán un total de cinco compañías galegas e a encargada de subir o pano este domingo de «este encontro de teatreiros afeccionados» como aseguran os seus promotores, será a compañía de Narón, Carrachanacacha, vinculada a «Ou aturuxo de Melpómene» que mostrará no Carballiño, a obra «Comendo pementos de Padrón con Tarantino».
Os demais participantes na Mostra de Teatro Amador serán Teatro de Cámara Diter, o 25 de outubro, co espectáculo «Aquí cheira a morto», O Lameiro- Atlántida, o 8 de novembro, coa escenificación de «A vinganza dá Petra» e Teatro Avento, o 15 de novembro, con «A insólita historia de Jimmy Pelostristes» e Tiruleque.

La Voz de Galicia
Data de publicación:
7/10/2009

17/9/09

este domingo, 20 de setembro, às 19hrs... a Caranza!

O centro cívico de Caranza volverá acoller, a partir deste mesmo domingo, unha nova edición, a décima, do ciclo Domingos a Escena, que reunirá a quince grupos de teatro afeccionado de toda Galicia. Os participantes, nesta ocasión, serán Carrachanacacha, de Narón; Teatro do Improvisto, de Boiro; Fás que Fás, de Cambre; Vichelocrego, de Vigo; Ullán Teatro, de Vedra; Malandrainas Teatro, de Arteixo; Sal-Monela, da Coruña; Cadelexas, de Noia; Cía. Municipal de Teatro, de Sada; Teatro O Bordelo, de Cervo; Tiruleque Teatro, do Carballiño; A Mámoa Teatro, de Teo; Teatro Aurín, de Moaña; GdeT, de Antas de Ulla, e o Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.
Do mesmo xeito que na pasada tempada, este ciclo, impulsado polo departamento municipal de Cultura de Ferrol, inclúe a convocatoria dun Premio do Público, a aquela obra máis valorada polos espectadores. Está dotado con 1.500 euros.

28/8/09

estamos selecionadoooOOOOSSS

III MOSTRA DE TEATRO AMADOR
“TERRAS DO ORCELLÓN”

A Comedia dos Domingos


Reunido no día de hoxe o Xurado Cualificador da III Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, unha vez examinadas as solicitudes, así como a documentación achegada polos distintos grupos de teatro afeccionado, estima que as obras teatrais que conformarán esta edición de 2009, deben ser as seguintes:

A vingaza da Petra, de Carlos Arniches. Grupo de Teatro “A Lameira” da S. C. D. Atlántida de Matamá. (Vigo, Pontevedra)

Comendo Pementos de Padrón con Tarantino de Leandro Lamas Hermida. Grupo de Teatro “Carrachanacacha” da A. T. O aturuxo de Melpómene. (Narón, A Coruña)

Aquí cheira a morto de Alfonso Paso. “Teatro de Cámara Ditea”. (Santiago de Compostela, A Coruña)

A insólita historia de Jimmy Pelostristes de Teatro Avento. “Teatro Avento”. (Vigo, Pontevedra)

O Xurado Cualificador quere deixar constancia da dificultade de facer unha escolma entre o material examinado, dada a calidade das obras presentadas, sendo unha mágoa ter que rexeitar algunhas por ter que se cinguir a un determinado número de actuacións, polo que exhorta á organización desta mostra para que, nas futuras edicións, estudie a posibilidade de ampliar o número de grupos teatrais participantes.

Así mesmo, este xurado felicita a tódolos grupos solicitantes pola calidade dos traballos presentados.

O Carballiño, a 18 de Agosto de 2009.

18/8/09

vamos a Cee!



26 de agosto, 21.30hrs.

6/7/09

próximo bolo...



o día 15 de julho, às 21hrs. no auditorio de narom

14/6/09

estreamooooOOOOOOOOOSS!!!!!




que contenta está esta carracha de compartir cacha com este nacho e estas nachas!!
muas, muas, muas...

Iago e Xose sacarom fotos no día da estrea, vai por aquí

http://www.flickr.com/photos/goio/sets/72157619706609150

8/6/09

falta poucoooooooo!!



aquí estamos, na recta final, final do principio pero final dum fermoso proceso-experimental que para um servidor quedará incrustado para sempre nas corredoiras do seu interior... muas, muas, muas...
diosnoscolhaconfesad@s!!

20/4/09

temos data de estreaaaaaaaa!

13-06-09 no auditório de Narom, nom te queixes! avisamos com tempo!!

8/4/09

duas carrachas que nos traem a luz!

Paula Fojo e Silvia Romaus som as que nos vam iluminar com catro focos e luz própria!!

25/3/09

Amy chegou, ti tamem podes

Amy Winehouse tivo um moço que era zoqueiro, emprenhouna e logo desentendeu-se... e aí a tes!!

18/3/09

...O cuarto elemento...

Tarantino com Leandrinho (Tino é o que nom tem barba)

17/3/09

a tropa... menos um

Antonio Estévez é o misterioso pianista,
Maria Veiga é a criatura que quere ser cantante
e Gena Hernández é a mamá da criatura...
som @s protagonistas de:
"comendo pimentos de Padrom com Tarantino"