24/3/10

27 de marzo ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo

O Aturuxo De Melpómene
24 Marzo, 2010. 15:38 CulturaO vindeiro sábado día 27 de marzo ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo, terá lugar a segunda das funcións teatrais que forman parte do programa dos Encontros Culturais de Primavera .Letras Galegas 2010 que organiza a Concellería de Cultura e que continuará co Certame de Teatro Afeccionado coa representación da obra "Comendo pimentos de Padrón con Tarantino" de Leandro Lamas a cargo do grupo de Teatro O Aturuxo De Melpómene.

A concellería de Cultura do concello de Culleredo reflicte sempre nas súas programacións a súa paixón polo teatro, adicado neste semestre a Adolfo Marsillach e que se sitúa a altura das mellores programacións teatrais de Galicia, xa que polo escenario do Edificio de Servizos Múltiples pasarán dende Teatro do Atlántico, espello Cóncavo, as actuacións estelares dos grandes do humor como Carlos Blanco e Rober Bodegas e a estrea para Galicia de "Sempre quixen bailar un tango" de Teatro Galileo. Doce representacións do mellor teatro galego que inclúen varias de teatro afeccionado, a da nosa escola Municipal de Teatro, ás que temos que sumar a III Primavera Máxica adicada aos máis pequenos, certificando o interese e apoio constante deste Concello á maxia .

Son xa máis de 20 anos de programación teatral estable no Concello de Culleredo. Ao longo deste tempo foron numerosos os esforzos dedicados a poder conseguir consolidar unha oferta teatral regular. Pero a constancia e a perseveranza dan os seus froitos e hoxe Culleredo é un referente neste ámbito artístico: son case unha trintena as representacións teatrais que, entre as tempadas de primavera e outono, se ofrecen ao cada día máis numeroso público.

O vindeiro sábado día 27 de marzo contaremos dentro do Certame de Teatro Afeccionado coa actuación do Grupo de Teatro o Aturuxo de Melpómene de Narón que poñerán en escena a obra "Comendo Pimientos de Padrón con Tarantino" de.

O elenco artístico está integrado por María Veiga, Gena Hernández e Antonio Estévez baixo a dirección de Leandro Lamas.

Sinopse: "Comendo pimentos de Padrón con Tarantino" é unha comedia «surrealista»
dunha criatura que quere ser cantante...é a história da sua nai e do seu pasado...
é a história dun pianista) no horizonte...
Está recomendada para público adulto e a entrada e de balde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario